Skip to main content

Corría o ano 1918 e aparecían os primeiros casos de “grippe”, un brote de influenza virus A, que se convertería na pandemia mundial que asolaría o planeta. A chamada Gripe Española que matou entre 1918 e 1920 a máis de 40 millóns de persoas en todo o mundo. Ata o momento a pandemia máis devastadora da historia da humanidade.

A prensa

Os medios de comunicación, máis centrados na I Guerra Mundial e sen ánimo de desmoralizar ás tropas, pouco ou nada publicaban do que estaba a acontecer coa pandemia, mesmo censuraban os informes sobre a enfermidade e as súas consecuencias.

En España, país neutral durante a guerra, os datos devastadores de esta pandemia reflexáronse a diario nos medios de comunicación, e foi precisamente esa a consecuencia de que a bautizasen como gripe española, xa que, como sinalamos, nos restos dos medios de comunicación, inmersos de cheo no conflito bélico, os datos aparecían censurados, manipulados ou simplemente non aparecían.

Coñecedores de isto, os periódicos como El Diario de Pontevedra ou El Correo de Galicia e diversas publicacións do país tentaron, en vano, bautizar a pandemia de gripe con nomes como “La enfermedad de moda” ou “El soldado de Nápoles”, porque era pegadiza como a música de esta zarzuela. Pero foi o periódico The Times que estendeu o nome de “La Gripe Española” por todo o mundo a partir dunha publicación o 3 de xuño de 1918.

enfermeda de moda

¿Confinamento?

Chama a atención na prensa da época que apenas se suspenderan as festas nos pobos, romarías, partidos de fútbol, celebracións relixiosas e outras reunións de carácter social.

Distintos recortes da portada de "El correo Gallego" do venres, 27 de setembro de 1918.

Distintos recortes da portada de “El correo Gallego” do venres, 27 de setembro de 1918.

Mentres a gripe se estendía pola comarca, a prensa facía burla da pandemia e incluso incitaba ao consumo de bebidas alcohólicas, como café con ron ou coñac “como medio profiláctico eficaz”.

Recorte de "El Correo Gallego" do sábado, 28 de setembro de 1918.

Recorte de “El Correo Gallego” do sábado, 28 de setembro de 1918.

Os sacerdotes, en plena pandemia organizaban misas, rosarios, procesións, para pedir polo fin da epidemia. A ignorancia, a falta de recursos, a mala xestión dos concellos, a alimentación deficiente e a falta de médicos e medicamentos fixo o resto.

Recorte de "El Ideal Gallego" do domingo, 13 de outubro de 1918.

Recorte de “El Ideal Gallego” do domingo, 13 de outubro de 1918.

A fame e o abastecemento dos productos

En Ferrol tiñan problemas de abastecemento real de produtos provenientes dos pobos. Foi sonora a falta de ovos e o seu abastecemento así como a subida dos prezos do leite por parte das leiteiras. Algunha delas, denunciada por subir as taxas, acabou no cárcere.

Recorte de "El Correo Gallego" do martes, 22 de outubro de 1918.

Recorte de “El Correo Gallego” do martes, 22 de outubro de 1918.

O desabastecemento de ovos propiciou o embargue dos ovos nos trens con destino a outros lugares como A Coruña.

Ante tal problema, o alcalde de Ferrol enviaba un telegrama ao gobernador civil. Nel explicaba o problema e pedíalle que instara á Garda Civil a facer un control de prezos. Todo iso, sumado a que por mor da enfermidade os campesiños precisaban estar ben alimentados, orixinaba que as subsistencias foran realmente escasas.

Recorte de "El Correo Gallego" do venres, 25 de outubro de 1918.

Recorte de “El Correo Gallego” do martes, 22 de outubro de 1918.

Recorte de "El Correo Gallego" do venres, 25 de outubro de 1918.

Recorte de “El Correo Gallego” do venres, 25 de outubro de 1918.

 

Daquela pensábase que a enfermidade non era tan perigosa, pero o que non se sabía era que esa primeira gripe mutaría. Así que, aínda que esa epidemia comezou sendo unha gripe relativamente inofensiva, a súa mortandade foi aumentando progresivamente.

Eco de Galicia : revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba: Ano 3 Número 78 - 1919 xaneiro 5

Eco de Galicia : revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba: Ano 3 Número 78 – 1919 xaneiro 5

A gripe na comarca

Á nosa comarca, a “grippe” chegou a través duns recrutas que viñeron a Ferrol para facer o servizo militar. Lóxicamente non tardou moito en estenderse entre o resto dos recrutas e militares.

Ese mesmo ano, chegaban tamén polo mes de setembro os primeiros casos á nosa parroquia.

O 28 de setembro de 1918, 14 días despois do primeiro caso rexistrado no Hospital de Marina de Ferrol, morreu Antonio Rodríguez Martínez, un labrego de Xuvia de 32 anos de idade. Foi este o primeiro caso rexistrado de maneira oficial no Concello de Narón.

Aínda que son 22 mortes as que constan oficialmente no libro de defuncións do Rexistro Municipal de Narón, son, en total, 99 persoas as que morreron de gripe ou por mor das complicacións derivadas dela. Un número relativamente baixo para o que aconteceu no mundo. É precisamente o aspecto rural e de illamento o que supostamente contivo a pandemia.

Oficialmente No Val morreron 16 persoas dende os primeiros falecementos rexistrados o 13 de outubro de 1918 ata o fin da pandemia no ano 1920.

 

Recorte de "El Correo Gallego" do martes, 22 de outubro de 1918.

Recorte de “El Correo Gallego” do martes, 22 de outubro de 1918.

Recursos consultados

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.