MANUAL DE USUARIO
Aquí atoparás toda a información útil e necesaria para subir as imaxes á plataforma dun xeito sinxelo. Inclúe vídeos explicativos e tamén mapas de localización dos lugares de O Val. Para calquera dúbida, estaremos encantados de que nos contactes.
“Ninguén naceu aprendido.”
PRIMEIRO PASO: REXISTRO
Para subir as imaxes, é necesario ter conta na plataforma.
Antes de nada, rexístrate como usuario.
Para iso, vai a sección de fotografías e fai clic en Rexistro, e completa os datos que che piden.
Soamente precisas unha conta de correo electrónico e contrasinal.
Revisa o vídeo onde podes ver paso a paso o xeito de darte de alta.
Como darse de alta no sistema
Como subir unha imaxe e como posicionala no mapa
Situar a imaxe no mapa e xeolocalizar é opcional, podes subir as imaxes e saltar este paso. Máis adiante, pódese engadir.
Se a precisas, dispós dunha Guía de dixitalización de imaxes que pode ser de gran utilidade.
http://ovalnamemoria.com/guia-de-dixitalizacion-de-imaxes/
PRECISAS AXUDA PARA XEOLOCALIZAR?
Mapas de O Val para localizar os lugares, así resultará máis sinxelo poñer a categoría e xeolocalizar.
Si o precisas, podes contactar con nós estaremos encantados de facilitarche toda a axuda posible.
O SISTEMA
O Val na memoria está ubicada en Phottic, un produto galego que consiste nun portal que sirve para recoller, ordenar e expoñer os fondos fotográficos de calquera persoa ou institución que queira ceder as súas imaxes á plataforma.
Podes acceder directamente a O Val na memoria dende http://foto.ovalnamemoria.com/
Se o desexas podes acceder directamente á plataforma completa de Phottic dende a web http://www.phottic.com/gl/.