Skip to main content

Este é un posible sistema de dixitalización, almacenaxe, e xeito de clasificar as túas fotografías. Evidentemente non é o único xeito posible pero paréceme que é sinxelo e acertado.

O Proceso a seguir

  1. Dixitalizar a parte dianteira da imaxe (ás veces tamén é importante dixitalizar a traseira das imaxes porque pode conter información, notas e datas relativas ás fotografías) e gardala ordenada por carpetas. Un xeito de ordenar poder ser por temática: por datas, por lugares ou por persoas, iso xa para gustos.
  2. A dixitalización deberá ser coa maior calidade posible.
    1. Dixitalizar en formato Tiff a 600ppp. Podemos dixitalizar varias imaxes a un tempo xa que despois podemos separalas con un programa de edición. (Isto creará un arquivo bastante grande que gardaremos nunha carpeta chamada “orixinais” ou “dixitalización”.).
    2. Abrir a imaxe nun programa de edición, por exemplo:
      • Photoshop.
      • Gimp que é unha alternativa completamente gratuita [Descargar][Más Info].
      • Paint.net un dos mellores programas de edición fotográfica, tamén gratuito. [Descargar][Más Info].
    3. Recortar a imaxe quitando os bordes sobrantes (tamén podemos axustar o tono, a contraste e cor da imaxe).
  3. Posteriormente hai que crear 2 arquivos en formato JPG de diferente tamaño:
    • Un arquivo .JPG en resolución a 300 ppp co lado máis longo a 40 cm. Gardar a imaxe en calidade máxima, 12.
    • Un arquivo .JPG en resolución 300 ppp co lado máis longo a 20 cm. Gardar a imaxe en calidade 11 ou 10 para que o arquivo non sexa superior a 2 MB, xa que esta será a imaxe que subiremos á plataforma.

Anotacións da imaxe gardada

Se nos interesa ter todo ben ordenado, podemos crear un Excel ou un arquivo de texto onde anotaremos a seguinte información para cada fotografía e que podemos ir ampliando a medida que coñecemos os detalles da mesma:

  • ID ou número: número enteiro auto incremental con formato 000001. Exemplo: O_Vilar_000001.jpg
  • Data: data real ou aproximada da imaxe.
  • Título: título descritivo da fotografía. Por exemplo: Día de carnaval no Vilar
  • Descrición: descrición un pouco máis detallada da imaxe. Por exemplo: Manolo e Carmen disfrazados polo carnaval en casa de Mucha.
  • Tags ou etiquetas: Categorías para as imaxes. Por exemplo: O Vilar, Carnaval, Familia Corral, Disfraces.
  • Situación: Enderezo ou situación aproximada da fotografía. Como extra, poderíamos xeolocalizar e anotar as coordenadas decimais de Google maps na medida do posible.
  • Propietario: Gardar o nome do propietario ou propietarios das imaxes. Aquí poderíase ampliar a información a almacenar, con campos coma DNI, teléfono, mail, etc.
  • Arquivado en: lugar, nube, aplicación ou equipo/s e carpeta onde se atopa almacenada a fotografía.
  • Anotacións: calquera información relevante sobre a fotografía.

Está interesado en coñecer máis sobre dixitalización de imaxes? A continuación deixo uns enlaces que poden resultar de interese:

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.