INFORMACIÓN
O PROXECTO
O Val na memoria é un proxecto ideado como lugar de encontro para todas as persoas que desexen colaborar coa recompilación de fotografías do Val, as súas xentes e costumes co único fin de preservar o patrimonio histórico da parroquia.
O proxecto consiste na catalogación e indexación dos documentos fotográficos organizados cronoloxicamente, por topónimos (lugares da parroquia) ou/e polas persoas recoñecibles que aparecen nas fotografías.
A recuperación das fotografías pódese facer de dúas formas:
- Escaneando e subindo as imaxes directamente á plataforma logo de darse de alta.
- Chamando ao 630806122 para que sexamos nos os que escaneemos de xeito profesional as imaxes e/ou documentos.
Por onde empezo?
O primeiro paso é localizar tódalas fotografías posibles para escanear. Unha vez escaneadas, subímolas á plataforma (na pestana de axuda atoparás a forma de facelo). Unha vez subidas, podemos poñer os datos que lembremos da imaxe: Lugar, ano, persoas...
PRECISAS AXUDA?
Accede dende o botón de “AXUDA” para coñecer o xeito de subir as fotografías á plataforma, é moi sinxelo.
Si o precisas, podes contactar con nós estaremos encantados de facilitarche toda axuda posible.