QUEN SOMOS?
SOBRE NÓS
O Val na Memoria é unha inciativa privada e sen ánimo de lucro para a recuperación da memoria fotográfica do Val, en Narón (A Coruña).
O Comezo
A idea nace sobre todo da preocupación pola cantidade de fotografías que poden estar perdéndose en moitos fogares, algún mesmo xa sen habitar, polo que parece urxente e necesaria a recompilación de todas as imaxes posibles, o seu escaneo, catalogación, xeoetiquetado e posterior almacenamento nunha plataforma aberta e colaborativa.
CÓMO O FACEMOS?

Contacto e Escaneo
A plataforma é colaborativa. Cada quen pode darse de alta e subir as fotografías que desexe. Tamén ofertamos a posibilidades de nos contactar para que sexamos nós os que escaneemos, cataloguemos e subamos as imaxes. Deste xeito aseguramos que a calidade e a recuperación sexa da mellor calidade e pulcritude posible. Todo de xeito completamente gratuíto.

Xeoetiquetado
Tentaremos, na medida do posible, situar cada imaxe no lugar concreto en que foi sacada, para así, preservar do mellor xeito posible a memoria da fotografía.

Etiquetado
Como non podía ser de outro xeito, as persoas son importantes. Procuraremos nomear a todas e cada unha das persoas que aparecen en cada fotografía, e neste punto, a colaboración veciñal é moi importante, xa que, deste xeito poderemos poñer nome a cada persoa fotografada, e, se fora posible, etiquetar ao fotógrafo.
DE CONFIANZA
Quen está detrás do proxecto?

Daniel Ameneiros
O fillo do Zurdo e de Manola do Roxo. Vivo actualmente en Vilasuso, na casa de Maluca.