Skip to main content

Antes de nada, lembrade que vivimos en Galicia, pegados ao mar, aquí chove, e moito, e temos unha miaxa de humidade… Polo que é hora de tomar asunto no tema da censervación das fotografías antes de que se estraguen por completo.

Os bichos son outro dos problemas que podemos atopar, calquera insecto pode deixarnos as fotos para o arrastre, e esperemos que polo menos non sexan os ratos os que se tragaran xa toda a colección!

Si cando vaias a buscar as fotos, as tes todas pegadas da humidade… non as tires!!!. Chámanos, tentaremos recuperalas. En algúns casos, é posible rescatar algunhas. Incluso, podemos recuperalas con Photoshop como esta imaxe, de Monso e Mari. (As vacas, daquela, polo que parece, moito non comían).

Vamos aló co rescate!!

  • Antes de nada, límpalles o po e ponas nun lugar limpiño, fresco e seco.
  • Non as teñas á luz, é un dos grandes inimigos! Ponas nun lugar escuro.
  • Garda as fotos en sobres de papel (sen ácidos nin lignito), ou sobres de plástico feitos de polietileno ou polipropileno de calidade.
  • Se as tes en álbums, asegúrate de que non sexa un álbum de pegar, e nin se che ocorra pegar as fotos con colas ou pegamentos. Merca os soportes para foto de esquinas, son do unha grande utilidade.
  • Na medida do posible, conserva as imaxes en álbums con follas protectoras entre cada páxina, e se estas son de papel, mellor que mellor, axudan a conservar as fotografías.
  • Para clasificar as fotos, non escribas na parte da foto, xamais. Se queres clasificala, faino na parte de atrás e nunca o fagas con bolígrafos ou rotuladores, faino unicamente con lapis e moi suave.
  • Si precisas sacar as imaxes do álbum ou sobres, procura facelo con luvas (guantes) de látex. As graxas naturais das mans son prexudiciais.
  • Tenta dixitalizar todo o arquivo a alta resolución e mantén varias copias. Os disco duros tamén se esnaquizan!

Agora que xa tes as fotografías recuperadas, e o momento de que as subas a O Val na memoria. E un xeito de ter as imaxes a bo recaudo e as compartas con todos nos!

Todos estes trucos están sacados do blog de Phottic, a plataforma 100% galega que utilizamos para este proxecto da recuperación da memoria fotográfica de O Val.

Leave a Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.