Skip to main content

A historia das postais de nadal surxe da necesidade de conectar cos nosos seres queridos durante a temporada festiva. En Galicia, esta costumbre segue ben viva, ainda que xa casi esquecida ou reinventada pola aparición dos mail, redes sociais…

Os Orixes: De Londres a España

A historia das postais de Nadal comeza na Inglaterra victoriana, nun momento de transformación postal sen precedentes. En 1843, Sir Henry Cole, funcionario civil e emprendedor que contribuíra á introdución do Penny Post (servizo postal dun penique) xunto con Sir Rowland Hill, enfrontábase a un problema común: tiña demasiados amigos e demasiadas cartas de Nadal que escribir. A solución que atopou revolucionaría a maneira na que celebramos o Nadal.

Cole encargou ao seu amigo, o artista John Callcott Horsley, o deseño dunha tarxeta para enviar no seu lugar. O resultado foi extraordinario: a tarxeta tiña aproximadamente o tamaño dunha postal e presentaba un deseño innovador que reflectía dous aspectos fundamentais da filosofía do Nadal. No centro, unha imaxe coloreada a man mostraba tres xeracións da familia Cole erguendo copas nun brindis, flanqueada por dúas escenas que representaban actos de caridade: dar de comer aos famentos e vestir aos espidos. A tarxeta levaba a mensaxe: “A Merry Christmas and a Happy New Year to You”.

Primeira postal de nadal

Primeira postal de nadal

Cole imprimiu aproximadamente mil tarxetas e vendeu as que non utilizou na tenda de arte que dirixía, a un xelín cada unha. Aínda que algúns contemporáneos criticaron a representación de nenos bebendo viño —nunha época na que o movemento pola temperanza gañaba terreo— a idea foi un éxito comercial e quedou como un fito histórico.

Esta innovación propagouse rapidamente por toda Europa durante a era victoriana (1860-1890), impulsada por avances tecnolóxicos como a cromolitografía.

O Aguinaldo

Que significa aguinaldo?

O aguinaldo é unha gratificación ou agasallo que se entrega tradicionalmente durante as festas de Nadal como mostra de agradecemento, recoñecemento ou desexo de boa fortuna. Pode consistir en diñeiro, alimentos ou pequenos presentes, e adoita estar ligado a prácticas comunitarias e laborais.

Historicamente, o aguinaldo entregábase a persoas que prestaban servizos ao longo do ano —como serenos, repartidores, traballadores de oficios ou, no ámbito rural, a mozos e nenos que cantaban panxoliñas— como forma de compensación voluntaria polo seu traballo. Máis alá do seu valor económico, o aguinaldo representaba un xesto de xenerosidade e vínculo social.

En España, a tradición das postais de Nadal está estreitamente ligada ao aguinaldo, unha práctica social con raíces antigas. Aínda que a primeira postal comercial moderna xurdiu en Gran Bretaña en 1843, existen referencias a felicitacións impresas en España xa a finais do século XVIII. Durante o século XIX, traballadores de diversos oficios comezaron a repartir postais navidegas nos fogares coa esperanza de recibir unha gratificación, convertendo este xesto nun complemento esencial dos seus ingresos.

O que comezou como unha estratexia de supervivencia económica acabou transformándose nun fenómeno artístico e cultural. As postais de oficios evolucionaron cara a litografías moi coidadas, con versos, escenas do traballo cotián e motivos navidegos, chegando a reflectir tamén cambios sociais e tecnolóxicos da época. Barcelona foi un dos principais centros desta produción, que se mantivo viva ata mediados do século XX.

O aguinaldo, con orixes que se remontan á Roma antiga e á Idade Media, tivo en España unha forte dimensión laboral, especialmente en profesións sen salario fixo, como a dos serenos. Co paso do tempo, estas postais convertéronse nun testemuño da picaresca española e dun mundo laboral xa desaparecido, hoxe recuperado polo coleccionismo como patrimonio histórico e artístico.

En Galicia, o aguinaldo conservou un carácter máis comunitario e tradicional, ligado ao canto de panxoliñas por parte de nenos e mozos polas parroquias. Esta práctica, aínda viva na actualidade grazas a iniciativas educativas e culturais, simboliza valores como a solidariedade, a creatividade e o recoñecemento do traballo humano, mantendo unha tradición que une pasado e presente.

Juan Ferrándiz: O deseñador das postáis de nadal en España

A partir de 1952, Juan Francisco Manuel Ferrándiz Castells (Barcelona, 1917-1997) revolucionou as postais navideñas españolas. Este ilustrador catalán, formado na Escola de Belas Artes de Barcelona, abandonou completamente a formalidade das reproduccións de obras clásicas para crear unhas escenas tiernas, ternureiras e cargadas de humanidade.

O seu estilo inconfundible presentaba personaxes con características moi particulares: cabezas desproporcionadas, ollos achinados, e rostros mofletudos cheos de expresividade. Os seus populares pastorcillos, ánxeles descarados e vírgenes nenas irradiaban humildade e sinxeleza, sen caer en cursilería.

Juan Ferrándiz traballaba inicialmente sobre papel con lapis Staedtler (tipos 1 ou 2), que lle proporcionaban liñas suaves e facilmente articulables. Para limpar e modelar os trazos usaba goma de borrar de nata Milán (modelo 624), retirando liñas auxiliares sen danar o papel. Perfilar as facianas e expresións era parte crucial do proceso: con pequenos trazos a lapis definía as miradas e emocións que logo se integraban na cor final.

Ferrándiz foi recoñecido internacionalmente como “O Rei dos Christmas”. En 1991 recibiu a Cruz de Sant Jordi, o recoñecemento máximo da Generalitat de Cataluña. En 2007, Correos emitiu un sello postal con un debuxo seu en memoria.

Sello conmemorativo

Imitadores e traxe rexional

Ferrandiz tivo moitos imitadores, casi rozando o plaxio, e temos incluso exemplos galegos, utilizando os traxes “rexionales” como reclamo.

O concurso de postais de nadal da SD O Val de este ano 2025

A Sociedad Deportiva O Val organiza o seu II Concurso de Postais de Nadal. Tedes de prazo ata mañá 22 de decembro de 2025!!!!

Esta iniciativa invita aos nenos e nenas  a participar na creación de postais de nadal, levando o espírito dunha tradición que comezou en 1843 en Londres.

Deixa un comentario