Skip to main content

AXUDA

Aquí atoparás toda a información útil e necesaria para escanear imaxes e enviarnos para publicar. Inclúe Guía de dixitalización de imaxes e tamén mapas de localización dos lugares de O Val. Para calquera dúbida, estaremos encantados de que nos contactes.

“Ninguén naceu aprendido.”

Por onde empezo?

O paso máis importante é localizar tódalas fotografías posibles e despois, anotar os datos que lembremos da imaxe: Lugar, data, persoas…

A recuperación das fotografías pódese facer de dúas formas:

  1. Escaneando e enviándonos as imaxes. Guía de dixitalización
  2. Chamando ao 630806122 para que sexamos nos os que escaneemos de xeito profesional as imaxes e/ou documentos.
Contacta por Whatsapp para dixitalizar as imaxes

Contacto e Escaneo

Ofertamos a posibilidades de nos contactar para que sexamos nós os que escaneemos, cataloguemos e subamos as imaxes. Deste xeito aseguramos que a calidade e a recuperación sexa da mellor calidade e pulcritude posible. Todo de xeito completamente gratuíto.

Este servizo de dixitalización domiciliaria gratuíta está pensado especialmente para garantir a accesibilidade universal: persoas maiores, con diversidade funcional ou sen medios técnicos poden participar sen barreiras. Desprazámonos nós para que non teñan que desprazarse.

Cada foto publicada levará o teu nome como persoa propietaria ou colaboradora, se o desexas.

Contacta por Whatsapp para dixitalizar as imaxes

Etiquetado

Como non podía ser de outro xeito, as persoas son importantes. Procuraremos nomear a todas e cada unha das persoas que aparecen en cada fotografía, e neste punto, a colaboración veciñal é moi importante, xa que, deste xeito poderemos poñer nome a cada persoa fotografada, e, se fora posible, etiquetar tamén ao fotógrafo.

Para organizar mellor as túas fotos, podes rexistrar esta información esencial:

Data exacta ou mais o menos con marxe de anos arriba ou abaixo, localización, descrición ou lugar onde se tomou a foto, propietario ou fonte orixinal da foto. Exemplo: Arquivo da Familia García, notas: datos adicionais ou aportacións de usuarios. Exemplo: A data aparece escrita a bolígrafo sobre a foto, xeolocalización: Dirección ou lugar, por exemplo: Aldea Quinta, 11, 15541 Narón, A Coruña, España

O xeoetiquetado é clave para localizar as fotos no mapa e compartir recordos con precisión. Se non tes coordenadas exactas, unha descrición aproximada tamén serve!

Guía de dixitalización de imaxes

O método aconsellable. Se a precisas, dispós dunha Guía de dixitalización de imaxes que pode ser de gran utilidade.

Guía de dixitalización de imaxes con teléfono

Non é o aconsellable pero polo menos vas a poder gardar a imaxe “dixitalizada”, dispós dunha Guía de dixitalización de imaxes con móbil coa app PhotoScan de Google Fotos.

Como prender unha vela por alguén querido que xa non están. (Ver video)

Busca a foto da persoa que queiras lembrar e baixa ata o final da páxina: alí atoparás o espazo para prender unha vela. 🕯️

Este espazo de homenaxe dixital serve para manter viva a memoria das persoas falecidas e facilitar o duelo compartido na comunidade, creando un arquivo emocional alén do histórico.

PRECISAS AXUDA PARA XEOLOCALIZAR?

Mapa de O Val para localizar os lugares, así resultará máis sinxelo poñer o nome do lugar no que se sacou a foto.
Si o precisas, podes contactar con nós estaremos encantados de facilitarche toda a axuda posible.

mapa de O Val

CÓMO CONTACTARNOS

Teléfono

O xeito mais sinxelo é chamando ao teléfono, ou contactando por whatsapp, no 630806122.

Email

Tamen podes deixarnos un email no correo electrónico info@ovalnamemoria.com ou ben cubrir o formulario de contacto en https://ovalnamemoria.com/contacto/ de xeito moio sinxelo.