Ocurría en abril de 1916, un suceso que calificaban de estraño no Val.
A noticia do 22 de Abril de 1916 no xornal El Correo Gallego y en El norte de Galicia (23/04/1916):
Transcripción da noticia (en galego):
Un caso estraño
Estes días está sendo obxecto de admiración e de sabrosos comentarios —a cada cal mellor— un suceso extraordinario que está a ocorrer na parroquia de Santa María a Maior do Val, no termo municipal de Narón.
No lugar de Carballedas hai unha adega onde está instalado un obradoiro de ferreiro, propiedade de Andrés Aneiros, coñecido como o Canteiro.
O pasado luns traballaban alí o dono do taller, o peón dos misioneiros de Baltar, Xoán Freire, e outros individuos.
Un deles conta que todos os traballos realizados ese día saíron mal feitos, sen saber a que atribuír tal cousa.
Ao rematar o traballo, Freire, xunto con outros, marchou para a súa casa.
Pasados uns dez minutos, recibiron aviso de que sobre o tellado da adega estaban a caer pedras en distintas direccións, sen que se soubese de onde procedían.
Achegáronse ata alí e puideron comprobar o que lles contaran.
As pedras eran de distintos tamaños e entre elas víanse mesmo algunhas piñas.
Non se perciben ata que impactan sobre o edificio.
O tellado está completamente destrozado e os pelouros entran no interior.
Nos días seguintes, e case á mesma hora, repítese o fenómeno.
Os veciños da parroquia acoden para presenciar o feito.
Por máis que intentaron descubrir as verdadeiras causas, ata agora nada se puido aclarar.
Unha das pedras feriu na cabeza a un mozo de 14 años que estaba mirando.
A maioría dos labregos din:
«Debe ser unha alma en pena que anda polo Val».
Hai anos ocorreu algo semellante nunha casa de San Xurxo da Mariña, en Serantes.
Nós entendemos que a actuación da Garda Civil será necesaria para descubrir o misterio.
