Skip to main content

Este ano quedamos sin festas, pero no xornal El correo gallego do 8 de agosto de 1917, falábase maravillas da nosa festa. Sacábanse nada menos que 8 imáxes relixiosas de procesión.
A festa da Virxe das Neves na nosa parroquia foi un evento moi concurrido e animado. Comezou con música de gaita que tocaba Luis Rey Beceiro polos barrios e unha misa solemne ao mediodía, oficiada por varios párrocos. O sermón correu a cargo do Padre Félix Aguado.

A continuación celebrouse unha procesión con oito imaxes relixiosas, acompañada de música e cunha gran participación veciñal. Máis tarde houbo baile, festa campestre, fogos de artificio e un ambiente de grande ledicia que se prolongou ata a noite.

Os gastos foron sufragados por D. Juan Gómez Yáñez, D. José Casal e D. Manuel Rodríguez. Ao día seguinte tamén se celebrou a festividade de San Antón de Padua, igualmente animada.

Deixa un comentario