Skip to main content

FOTOGRAFÍAS

Unha colección visual da memoria fotográfica do Val

Buscador avanzado de imaxes

Estas 864 imaxes son testemuñas auténticas do noso pasado, que gardan momentos, xentes, lugares… memoria de quen somos e fomos.

Evangelino, o fillo da Palilla

Evangelino, o mestre, o fillo de Matilde e Antón. Nome completo: Evangelino Pita Leirachá Filiación: Fillo de Matilde e Antón. Consérvase un retrato seu cando tiña dous anos de idade.…

Ver máis

Evangelino e Carlocho

Evangelino e Carlocho na escola de Santa Margarida arredor de 1954.

Ver máis

Os de Pita

Retrato dos de Pita pola casa

Fidel de Naveiras e Carmen de Pita con tres dos seus catro fillos: Mari Carmen, a pequena Fina e Pepe (?). Na leira da casa familiar, co monte de Campelo…

Ver máis

De paseo por Ferrol

De esquerda a dereita: José María, do Perucho de Meirás; no centro, un home descoñecido; e Paulino, do Formoso. Paseando pola rúa da Igrexa, á altura da concatedral de San…

Ver máis

Mari Carmen de Casilda e José Manuel (o Fojeteiro) con Tito

Tito (Vicente de Hermida) acompañando os noivos, Mari Carmen de Casilda e José Manuel (o Fojeteiro), na súa voda, celebrada o 18 de agosto de 1974.

Ver máis

Burro cargado de alcazer

Escrito a bolígrafo, pola parte de atrás: "Aí tes o burro. Viñamos das Castiñeiras con el cargado de alcácer e Adolfo de Figueiroa ía para a praia e díxome: «Déixasme…

Ver máis

Divina levando as verzas para a casa, despois de apañalas, á altura da súa casa no Casal, no actual Camiño da Curra. Arredor de 1975.

Divina coas verzas

Divina levando as verzas para a casa, despois de apañalas, á altura da súa casa no Casal, no actual Camiño da Curra. A mediados dos anos 70

Ver máis

Amigos na voda de Maruja de Hermida

De esquerda a dereita: Arsenio, Andrés, O Zurdo, Andresito de Barral, Manolo de Andrea e Manolo do Vilar.

Ver máis

Macamen na escola

Macamen con un libro de escola: "APTO Introducción al Bachillerato" que publicou a editorial Teide no ano 1962.

Ver máis

QUERES COLABORAR?

Se desexas participar non tes máis que contactar!

CONTÁCTANOS