Skip to main content

FOTOGRAFÍAS

Unha colección visual da memoria fotográfica do Val

Buscador avanzado de imaxes

Estas 836 imaxes son testemuñas auténticas do noso pasado, que gardan momentos, xentes, lugares… memoria de quen somos e fomos.

Fina de Carballoso nun baile de entroido en Pancho.

A parte de arriba do traxe era prestado dunha señora de Ferrol á que a súa nai repartíalle o leite. A saia, era confeccionada dunha colcha da cama por Alicia.

Ver máis

Irmáns de Hilaria

Andrés de Hilaria e o seu irmán Ricardo. Os fillos de Hilaria e Antonio.

Ver máis

Postal do Convento de Baltar

Ediciones Paris - J.M. de Zaragoza sacou unha colección de postais de distintos lugares, e entre elas, dúas postais de Baltar. Esta, coa numeración Nº1 e depósito legal B- 24.346-XIV…

Ver máis

Día de Voda

Pepe de Martínez, Manolo Dopico e Horacio de Pereira antes da voda de Plácido de Chinto, na porta da casa do tio Juan de Chinto. No reverso da foto aparece…

Ver máis

Retrato de familia (1937)

Remedios Pereira e Jesús Dopico co seu fillo Nicasio en 1937 (Pais e irmán de Horacio e José de Pereira). Retrato de familia típico da época realizado en algún estudio…

Ver máis

De visita no hospital

De visita no Hospital de Marina en Ferrol no ano 1960. De esquerda a dereita: Manolo Dopico, Horacio de Pereira, Juan de Pereira (convaleciente), Placido de Chinto e ao lado…

Ver máis

Día de fin de ano de 1961

De celebración despedindo o ano 1961 no bar Toki-Alai na Rúa do Carme en Ferrol. De esquerda a dereita: Pepe de Guerrero, Horacio de Pereira, Tonio Alonso (das Areosas) e…

Ver máis

Luca con gorro de comparsas

Luca, a filla de Julia de Carballoso e O Roxo, posando con gorro de comparsas polo entroido.

Ver máis

QUERES COLABORAR?

Se desexas participar non tes máis que contactar!

CONTÁCTANOS