En plena crise da heroína, propúxose instalar no Convento de Baltar un centro de reinserción de drogodependentes. No Val a resposta foi inmediata, para os veciños, Baltar non era un inmoble máis. Houbo asembleas, sinaturas, vixilancia veciñal e forte mobilización social.
Finalmente, o proxecto non prosperou e o convento mantivo o seu uso relixioso e comunitario.
Toda a crónica en https://bit.ly/baltardoval
Data aproximada: Finais de 1985
Localización: Convento de Baltar
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

