A porta principal da capela de Baltar

Preme a imaxe para ampliar

Imaxe da capela de Baltar, posiblemente nun día de festa ou nunha visita dos marqueses, polos arcos que a adornan.
Tamén podería ser da visita dos marqueses no ano 1921, xa que na prensa da época falan de arcos adornando a capela:
“En el empalme de la carretera que va al cementerio desde la de Cedeira, se levantó un arco de follaje con un letrero en el que se leía: “A los Excelentísimos señores Duques de la Conquista, sus colonos y caseros”.
Había otros dos arcos más, uno ne la mitad del camino y otro frente al templo.”

A capela estaba adicada a San Juan Bautista, pero no 1914 coa construción do convento, esta pasa a adicarse ao Corazón de María.
A marquesa, Dona María de la Natividad Quindós e Villarroel, o día do seu santo, 8 de setembro de 1910 fixo a doazón do pazo de Baltar aos pais misioneiros do Sagrado Corazón de María.
En 1914, os misioneiros constrúen sobre o vello pazo, que estaba ao lado da capela, o actual mosteiro, perdéndose unha das grandes obras arquitectónicas e históricas da nosa comarca.

Ano: 1921

Localización: Capela do Corazón de Maria de Baltar

Contexto: Lugar→ Baltar

Foto pertencente a: Fálame de San Sadurniño.

Notas

Imaxe e documento cedidos por Fálame de San Sadurniño.

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario