Na fotografía aparecen Jesús de Mauro, casado con María de Mariana, xunto ás súas fillas Amelia de Mauro (a do gorro) e a súa irmá Estrella.
Esta imaxe agocha unha historia tan fermosa como conmovedora. Foi feita para enviarlle a unha familia madrileña de Talavera de la Reina, que durante a Guerra Civil acollera a Jesús como a un fillo máis, mentres se atopaba no fronte xunto co fillo daquela casa. Entre eles naceu unha amizade fonda e inesquecible.
En sinal de agradecemento, Jesús prometeu á matriarca da familia que, se volvía ter unha filla —pois Estrella xa nacera—, poñeríalle o seu nome. Así foi como naceu Amelia, que levou o nome daquela muller bondadosa de Talavera.
A fotografía foi feita en Bardás e enviada para amosarlles á familia madrileña a súa muller, ás súas fillas e, sobre todo, á nena que levaba o nome da súa amiga. Deste modo, Jesús cumpría a súa promesa e deixaba constancia dun recordo cheo de cariño e gratitude.
Ano aproximado: 1946 (± 1 anos)
Localización: Bardás
Contexto: Lugar→ Bardás
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.