Na Dulceria Campeiras de O Val, situada na estrada de Valdoviño, erguíase esta singular torre feita con cáscaras de ovos. Era un “monumento” curioso que chamaba a atención dos veciños e de quen pasaba pola estrada, vendo como medraba co paso do tempo.
Ano: 1999
Localización: Dulcería Campeiras
Contexto: Bares e ultramarinos, Lugar→ Os Canteiros
Foto pertencente a: J. Mauriz e publicada en "Ferrol: dez anos de imaxes 1988-1998", editado polo Club de Prensa de Ferrol.
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.