Andrés Dobarro na sala de festas La Concha, o Sábado, 11 de abril de 1970.
Esa noite, Andrés Dobarro actuou na emblemática Sala La Concha. A data aparece escrita a bolígrafo sobre a foto.
Masi Corral, fillo de Blanca e toíto da Concha, apunta que é Panchete (radio Ferrol) o que está de pe na esquina (tapado ao público polo cortinón) e en esta foto de abaixo con micro, segundo lle contou o seu pai, animaba continuamente a Andrés (polo visto era moi tímido). Masi pensa que a que está agachada detrás de Panchete e a súa nai.
Data exacta: 11 de Abril de 1970 (Sábado)
Localización: Sala de fiestas La Concha
Contexto: Sala de Fiestas La Concha
Notas
A data aparece escrita a bolígrafo sobre a foto.
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.
