Antonio dos Pinos ao volante do tractor, posiblemente ao rematar o percorrido pola parroquia acompañando aos gaiteiros. Esta imaxe, tomada no atrio da festa das Neves arredor de 1980, recolle a tradición de engalanar os tractores para a celebración.
Ano aproximado: 1980 (± 2 anos)
Localización: Atrio da Festa das Neves. Igrexa do Val
Contexto: Festas→ As Neves
Foto pertencente a: Tamara (neta de Antonio dos Pinos)
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.