Arte con papel en Quintá

Arte con papel, O Val, 1974

Preme a imaxe para ampliar

Na entrada do colexio de Quintá, en O Val, un grupo de nenos posa orgulloso coas súas creacións artísticas arredor do ano 1974. Os cadros están feitos cunha técnica moi popular na época: facíanse pequenas boliñas de papel que se pegaban unha a unha sobre madeira, formando debuxos coloridos.

De esquerda a dereita, arriba: ???, Kiko, Piki, Mourente e Suso.
Abaixo, de esquerda a dereita: Espiñeira, José Antonio Luaces e Fran.

Ano aproximado: 1974 (± 1 anos)

Localización: Colexio de Quintá (Hoxe CRA Narón - O Val)

Contexto: Escola

Foto pertencente a: Suso

Notas

Ao carón da entrada do colexio de Quintá, repousa unha bici infantil Abelux Chalcha, de catro rodas, fabricada en Eibar na década dos 70. De cor azul celeste con letras brancas, destacaba polo seu sillín alargado negro, o manillar alto azul e unha estrutura pouco común que a facía diferente doutras bicicletas infantís da época.

Bicicleta infantil Abelux Chalcha, Museo da Industria Armera
Bicicleta infantil Abelux Chalcha
Abelux (Eibar, Gipuzkoa), década de 1970 — Museo da Industria Armera
Inventario / Siglas: 10685
Clasificación: Xoguetes, transporte por estrada
Materias: Plástico, metal, caucho, goma
Época: Segunda metade do século XX
Fonte: https://museotik.euskadi.eus

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario