50 aniversario da S.D. O Val: As orixes do club
Como aconteceu con outros moitos clubs da comarca, a entidade naceu cunha denominación diferente á actual. O club foi fundado o 19 de xullo de 1976 baixo o nome de Val Club de Fútbol, quedando inscrito na antiga Delegación Nacional de Deportes a través da Federación Galega de Fútbol.
O primeiro presidente foi José Antonio Díaz Carro. A primeira directiva completábana Manuel C. Castro Calvo, como secretario; Manuel Montero Embade, como vicepresidente; e Amancio Piñeiro, como tesoureiro.
Baixo a denominación de Val Club de Fútbol, a entidade desenvolveu a súa actividade deportiva durante os seus primeiros anos. En xuño de 1992 adoptou oficialmente o nome de Sociedade Deportiva O Val de Narón, iniciando unha nova etapa institucional. Nese momento presidía o club José Pena Lorenzo, acompañado por Antonio López Freire como vicepresidente e Manuel Francisco Piñeiro Fernández como secretario. A entidade quedou inscrita no Rexistro de Clubs Deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co número 3616.
Na foto, Os primeiros afeccionados do clube cun trofeo nas festas celebradas no campo de Castro.
1. Calvo; 2. Lola, muller de José Carro, de Santa Margarida; 3. Marinieves, muller de Calvo; 4. Marinieves Naveiras; 5. Josefa Naveiras; 6. María José (Pancho); 7. Manel (Pancho), irmán de María José; 8. Carmucha (Pancho); 9. Manolita Naveiras; 10. Merucha de Xan López; 11- Maruja de Calvo (nai de Calvo); 12- Ermitas de Belote (nai de Mari Nieves do Río); 13. Marisa de Aneiros (María José); 14. Mary Carmen (Pancho), filla de Chucha; 15- Susana (filla de Calvo e Mari Nieves); 16. Gervasio Naveiras; 17. José Naveiras; 18. Paco de Caruncho; 19. Carlos Pita; 20. Eliseo Montero; 21. Marimar; 22. Pilar Naveiras; 23. Sendo; e 24. Silucha.
Localización: Campo de Castro (Narón)
Contexto: Fútbol
Notas
Información histórica consultada na web oficial da SD O Val . (Parte das fotografías e da información histórica foron cedidas por Moisés Corral Merino, antigo xogador e directivo da SD O Val.)
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.