As orixes do club SD O VAL

Preme a imaxe para ampliar

50 aniversario da S.D. O Val: As orixes do club

Como aconteceu con outros moitos clubs da comarca, a entidade naceu cunha denominación diferente á actual. O club foi fundado o 19 de xullo de 1976 baixo o nome de Val Club de Fútbol, quedando inscrito na antiga Delegación Nacional de Deportes a través da Federación Galega de Fútbol.

O primeiro presidente foi José Antonio Díaz Carro. A primeira directiva completábana Manuel C. Castro Calvo, como secretario; Manuel Montero Embade, como vicepresidente; e Amancio Piñeiro, como tesoureiro.

Baixo a denominación de Val Club de Fútbol, a entidade desenvolveu a súa actividade deportiva durante os seus primeiros anos. En xuño de 1992 adoptou oficialmente o nome de Sociedade Deportiva O Val de Narón, iniciando unha nova etapa institucional. Nese momento presidía o club José Pena Lorenzo, acompañado por Antonio López Freire como vicepresidente e Manuel Francisco Piñeiro Fernández como secretario. A entidade quedou inscrita no Rexistro de Clubs Deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co número 3616.

Na foto, Calvo, un dos directivos máis destacados da historia do club, xunto á súa filla Susana e Foxo, primeiro capitán do equipo, durante a entrega dun trofeo nas festas celebradas no campo de Castro.

 

Localización: Campo de Castro (Narón)

Contexto: Fútbol

Notas

Información histórica consultada na web oficial da SD O Val . (Parte das fotografías e da información histórica foron cedidas por Moisés Corral Merino, antigo xogador e directivo da SD O Val.)

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario