Banda de gaitas de Narón no Cantón

Preme a imaxe para ampliar

Actuación da Banda de Gaitas de Narón no palco do Cantón de Molíns en Ferrol.

De esquerda a dereita, tres valexos e un matexo, Daniel Fernández de Santa Margarida, Víctor Ramil, un rapaz de San Mateo, de terceiro Daniel Ameneiros da Modia e de último José Ángel Muiño de Freibatalla.

O mestre e director da banda era o gaiteiro Antón Varela (Tonecho), lutier e gaiteiro tocando no cuarteto Follas Novas, despois en Os Raparigos, outro cuarteto tradicional con base en Ferrol. Máis tarde pasaría a cofundar o conxunto que tivo máis sona dos seus, Os Cempés.

Ano aproximado: 1983 (± 3 anos)

Localización: Cantón de Molíns

Contexto: De festa

Foto pertencente a: Dani Fernandez

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario