Cando “Marinito” era “Casa Marino”

O Bar Marino nos seus inicios (c. 1965), co cartel de El Águila Negra e vehículos da época.

Preme a imaxe para ampliar

Na seguinte imaxe tomada, aproximadamente entre  no ano 1965, vemos a Casa Marino.

A fotografía que presentamos non amosa o actual edificio do Marinito, senón o local orixinal da Casa Marino, situado uns metros antes na mesma estrada cara a Valdoviño. Era o primeiro bar rexentado polos pais de Marino Dopico (Marinito), e funcionaba como bar familiar.

As pistas que nos permiten datala:

  • A publicidade de cervexa El Águila Negra, típica principalmente entre 1950 e 1965.
  • Os vehículos identificables, un Renault Dauphine? (Fabricado entre 1956 y 1967) e unha Chevrolet Pickup, en circulación dende 1947 .
  • O distintivo de velocidade “80” nos camións, obrigatorio desde mediados dos anos 50.

Con estes elementos, situamos a fotografía entre os anos 1958 e 1962, no primeiro bar da familia Dopico.

O Bar Marino nos seus inicios (c. 1965), co cartel de El Águila Negra e vehículos da época.After image

Tes lembranzas de Casa Marino ou das túas primeiras visitas a Marinito, a súa carnicería e posterior Bar? Cóntanolas nos comentarios 👇

Ano aproximado: 1960 (± 3 anos)

Localización: "A Brañeira" Barreiro, 599, 15540 O Val, Narón, A Coruña

Contexto: Bares e ultramarinos

Foto pertencente a: Restaurante Marinito

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario