Cheo total na Sala de fiestas La Concha, entre finais dos anos 60 e comezos dos 70. A sala chegaba a reunir centos de persoas cada fin de semana.
Había dúas orquestras ou artistas por noite: unha fixa durante a temporada —na fotografía, posiblemente Os Navegantes— e outra formación ou artistas que ían variando.
Na imaxe aparece tamén un dos varios coches que se chegaron a sortear na Concha.
Ano aproximado: 1968 (± 5 anos)
Localización: Sala de fiestas La Concha
Contexto: Sala de Fiestas La Concha
Foto pertencente a: Masi
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.


