Compartimos hoxe unhas fermosas fotografías da Primeira Comuñón de M.ª Jesús Pita Méndez, celebrada o 20 de xuño de 1971 na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior do Val (Narón).
Na foto principal, a nai Cecilia de Santalla, María Jesús, o seu pai Lolo de Manuel e Balbina do Cadavo e o irmán Manolito.
- Mª Jesús cos pais, Cecilia e Lolo
- María Jesús e Manolo, o seu irmán
- Maria Jesús e Fina do Minero
- Coa mestre Doña Asunción
Data exacta: 20 de Xuño de 1971 (Domingo)
Localización: Igrexa de Santa María A Maior, O Val
Contexto: Primeira Comunión
Notas
Mª Jesús tiña paperas ese día.
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.



