Comuñón de Finita de Rey

Preme a imaxe para ampliar

Primeira comuñón de Finita Rey, celebrada no Val o 25 de xullo de 1966. Na fotografía aparecen acompañando a Finita a súa familia, Lola do Abelleiro, a nai; Higinio Rey, o pai; e Paco, irmán de Finita. A imaxe foi tomada, posiblemente, no estudo fotográfico Pereira, en Ferrol.

Data exacta: 25 de Xullo de 1966 (Luns)

Localización: Estudio Pereira de Ferrol

Contexto: Foto de Estudo, Primeira Comunión

Foto pertencente a: Finita de Rey

Notas

O estudio de Fotografía Pereira estaba no primeiro piso da rúa General Franco, do número 66, hoxe Rúa Real.
En Ferrol, durante o franquismo, a actual Rúa Real pasou a chamarse rúa General Franco.

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 3 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario