De “comparsas” polo entroido 2

De "comparsas" polo entroido

Preme a imaxe para ampliar

De esquerda a dereita: Fina de Chousa, Pilar de Hermida, Pepe da Rociña, Julia de Antón, Maruja de Hilaria, Carmen (nai da perruqueira María José do Canto de Muro, tía de Lola da Rociña e irmá pequena de Filomena), Luciano do Casal, Ramiro do Ferreiro, Lola da Rociña, Pepe do Casal, Manola do Roxo, Benito das Marías, Zurdo, Paco de Carballoso, Manolo de Antón, De “mascarito” con señora é Lolo de Serantes, nun disfraz de muller atado a un pe, e ao lado Manolo do Pimpín. Descoñecemos o nome dos músicos que aparecen abaixo.

Ano aproximado: 1961 (± 2 anos)

Localización: A Modia

Foto pertencente a: Maruja de Hilaria

Notas

Os vestidos eran feitos por eles, facendo flores con cachiños de papéis e telas.

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario