Manolita de Rufino e os sogros, Amalia de Aneiros e Ramón de Carballoso nunha viaxe a San Andrés de Teixido.
Manolita estaba embarazada da primeira filla, Rosana.
Ano: 1973
Localización: San Andrés de Teixido
Contexto: De Romería, De viaxe
Notas
Pepe de Aneiros, o home de Manolita, era quen sacaba as fotografías. Era un gran afeccionado á fotografía e, co primeiro soldo, mercou unha cámara en Xixón.
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.