Dous irmáns durante a mili

Dous irmáns na mili

Preme a imaxe para ampliar

Na fotografía vense Abelardo Veiga (á esquerda), embarcado no acorazado Jaime I (bando republicano), e Julio Veiga (á dereita), destinado no cruceiro Canarias (bando nacional). Julio puido regresar, mais Abelardo morreu en Cartagena o 17 de xuño de 1937, vítima dunha explosión interna no Jaime I.

Mais información en:

Como lembra a neta Marta no álbum “Linea de Fuego” de Arturo Pérez-Reverte:

Dous irmáns: Julio e Abelardo Veiga Fortuna.
De Baltar a Ferrol, destinados en bandos contrarios sen sabelo: un no Canarias e o outro no Jaime I. O meu avó Julio regresou; o seu irmán, non. A guerra quítache todo. Sempre o acompañaron o silencio e a xenerosidade.

Este recordo non fala de política, senón de destino, de dous irmáns cumprindo o servizo militar, cada un nun bando distinto, atrapados polas circunstancias da época. A súa historia lembra que moitos mozos sufriron a barbarie da guerra non polas súas ideas, senón simplemente por ser novos.

Ano aproximado: 1937 (± 1 anos)

Contexto: Na mili

Foto pertencente a: Andrea, filla de Julio Veiga

Notas

O acorazado Jaime I explotou accidentalmente (sempre se sospeitou tamén de sabotaxe) no porto de Cartagena o 17 de xuño de 1937, causando arredor de 200–300 mortos e numerosos feridos.

Julio Veiga no Canarias

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Un comentario

  • felisuco47@hotmail.com di:

    felisuco47@hotmail.comi recuerdo para julio tantas veces estuvimos juntos,y ahora me entero que compartimos destino en el canarias,aunque en años diferentes,yo el 2 de enero del 69,y una equivocación me llevo al centro de información en combate C.I.C.donde creo que nunca estudié tanto como en ese escondido y prohibido compartimento,como era el cerebro del barco,y el barco era el buque insignia de la armada,todo era top-secret

Deixa un comentario