Manolo, o da Concha, entregando un trofeo na sala de festas a un equipo de fútbol (sen confirmar se é O Val).
De esquerda a dereita: Pepe o Rubio, Sindo, Carlos (recollendo a copa), Tonete, Manolo o da Concha e, por último, atrás, con micro, Teodosio Ramírez, coñecido como “Panchete”, un dos pioneiros nos medios de comunicación na comarca.
Coñeces algún detalle de que trofeo era, que equipo de futbol e en que data?
Localización: Sala de fiestas La Concha
Contexto: Fútbol, Sala de Fiestas La Concha
Foto pertencente a: Rubén (fillo de Manolo)
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.