Equipo de fútbol do Val, organizado para xogar con outras parroquias veciñas. Na foto, durante un partido en San Bartolo na Semana Santa de 1974 (entre o 7 e o 14 de abril).
Xogadores: 1. Carro · 2. Pepe de Formoso (Piñón) · 3. Juan de Alonso · 4. Antonio · 5. O Brasileño · 6. José (de Carballal) · 7. Seito de Paco de García · 8. Antonio de Carballoso (Jalisco) · 9. Pita · 10. Rojo · 11. Miguel · 12. Paco de Caruncho · 13. Andrés.
Data aproximada: Semana Santa de 1974
Localización: San Bartolo
Contexto: Fútbol
Notas
Jalisco quixo formar un equipo e chamarlle "El Valle" para organizar partidos, mais nunca chegou a ser oficial.
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.