Equipo de futbol

Preme a imaxe para ampliar

Por debaixo da horta do convento de Baltar, nun terreo que pertencía á Cochera, estaba este campo ao que chamaban A Reja.

Este equipo foi fundado por un fraile, o Padre Zuvillaga, de San Sebastián, que tiña un irmán que xogaba na Real Sociedad: Eustaquio Zubillaga Iraola

De esquerda a dereita, arriba: Carlitos de Paco, Manolo de Chinto, Luis de Paquito (fraile), Manolita de José Antonio, Pepe de Pita, Isidro de Belote, ???.
Abaixo: Rogelio de Meirás (fillo do panadeiro), José de Eladio, Jaime das Bojas, Pepe de Aurelia (neno), Jaime de Belote, Andrés de Julia e Plácido de Chinto.

Segundo nos indican, as camisas eran de cor amarela e os colares vermellos. “Fixoas unha costureira do Val, e cando se lavaban, desteñían que daba xenio velas.”

Así sería a equipación:

Before imageAfter image

Ano aproximado: 1954 (± 1 anos)

Localización: Baltar

Contexto: Lugar→ Baltar

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario