Ermitas de Guerrero no camiño da Pena Molexa co carro das vacas, Nova e Xobenca.
Nacida o 19 de xaneiro de 1935, casou con Marcial Corral López, que faleceu afogado con só 27 anos na Lopesa. Ermitas quedou viúva con apenas 24 anos, cunha filla pequena, Fina, de tres anos, e embarazada de Toñita.
A fotografía é de arredor de 1959, xa de loito, embarazada ou aos poucos meses de dar a luz.
Un exemplo de forza e de nai coraxe, que tivo que seguir adiante co peso da familia ás súas costas.
Ano aproximado: 1959 (± 2 anos)
Localización: Camiño da Pena Molexa
Contexto: Traballando, Vida cotiá
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.