1. Vicente de Viveiro. 2. Pepe da Amada. 3. José de Mosquera. 4. Juan do Cuco. 5. Ramón de Evangelina. 6. Dª Lola. 7. Manola de Suárez. 8. Amelia de Mauro. 9. Maruja de Pita. 10. Luca de Piñón. 11. Andrés de Modia. 12. José Luís de Graña. 13. Luís de Serantes. 14. Lolo de Suárez. 15. Pepe de Suárez. 16. Juancito de Ferreiro. 17. Pepe de Leira. 18. Terucha de Testa. 19. Fina de Gato. 20. Fina de Carmucha. 21. Andrea de Xan López. 22. Isolina de Pita. 23. Andrés do Roxo. 24. José Antonio de Mauro. 25. José Antonio do Cuco. 26. Andrés de Marcelina. 27. Fina Pita. 28. Mari de Prieto. 29. Fina de Formoso. 30. Manolita de Camiño.
Naquel tempo non había clases por idades: mesturábanse todos, sen importar os anos, xa que moitos tiñan que deixar a escola cedo para axudar nas tarefas do fogar. As mulleres, sobre todo, eran as primeiras en deixar de estudar, pois considerábase máis importante que os homes fosen á escola.
Cada certo tempo pasaba un fotógrafo e facíalles fotos aos alumnos; custaban 10 pesetas.
Ano aproximado: 1954 (± 2 anos)
Localización: Escola nas Carballedas
Contexto: Escola
Notas
Dolores Crego Culebras (“Lola”), a mestra era de Catabois e viña en bicicleta ata A Concha, e o resto do percorrido facíao andando.
Foi unha estudante brillante —acumulou varias matrículas ao longo dos seus estudos— e en setembro de 1934 obtivo praza de mestra, situándose entre as primeiras da súa oposición. (El Correo Gallego, 30/09/1934).
Na escola do Val deixou unha fonda pegada: “Á media mañá preparáballes a merenda ao alumnado, quentando leite e pan con manteiga”, lembra Marga Leirachá, a partir das palabras da súa nai Fina (29), quen dicía con cariño: “Lola era moi boa con nós.”
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.