Procesión do día 22 de agosto de 1971. Na imaxe aparecen levando a santa Antonio de Tomás, de traxe, e Jaime dos Pinos, de camisa branca. Nese día facían a primeira comunión catro nenas e un neno: diante, Carlos, o fillo de Nieves de Xabrueira; entre as nenas de comuñón, Montse dos Vilares (tapada), Alicia, filla de Alicia de Xabrueira, e detrás dela, coa coroa, Mari Piñón.
Data exacta: 22 de Agosto de 1971 (Domingo)
Localización: Convento de Baltar
Contexto: Festas→ Corazón de Maria de Baltar
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.