Fotografía tomada diante da casa en Freibatalla no ano 1961.
De esquerda a dereita aparece Cipriana de María (nai de José), xunto a Fina de Regina, a filla maior (16 anos). No centro vemos a José de Cipriana coa súa muller Regina, que sostén no colo ao pequeno José Antonio (8 meses). Na esquina dereita, vestida de branco, está a filla Maruja (14). Diante, os fillos pequenos Manolo (4), Nieves (8) e Higinio (10).
Faltaba ano e medio para que nacera Miguel, o do Xatova.
En esta foto, á esquerda, apoiado na parede, aparece o veciño Pepe do Casal.
Ano aproximado: 1960 (± 2 anos)
Localización: Freibatalla
Contexto:
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.