Grupo de catequese co que foi párroco do Val durante tantos anos, Don Secundino (no centro da imaxe), acompañado tamén dun párroco de Castro. Ao seu redor, un grupo de nenas e nenos que participaron nun acto na igrexa, posiblemente relacionado coa Festa das Neves de 1971.
Se recoñeces a alguén (ou te recoñeces ti!), indica o número correspondente para ir completando a memoria colectiva.
Nomes identificados ata agora:
1. Charo da Camusa, 2. Rosi do Pico (ou Dopico?), 3. Avelino Castro (Avelino de Monteiro), 4. José Ramón de Fina de Antona (Rojo), 5. José Castro, 6. Finita Rey, 7. Mari José, 8. Rosi de Paquito, 9. M. José Dopico, 10. Gelis de Corral, 11. José Naveiras, 12. Don Secundino, 13. Lolo Naveiras, 14. Antonio de Jesús do Chiquito (Carro), 15. ???, 16. Sindo do Río, 17. Fernado de Alfredo de Belote???, 18. Manel de Pancho / (18?) Marino, 19. José de Monteiro, 20. ???, 21. ???, 22. Don Ricardo (párroco de Castro), 23. María José de Pancho, 24. Finita Dopico, 25. Merceditas do Río.
Data exacta: 5 de Agosto de 1971 (Xoves)
Localización: Igrexa de Santa María A Maior, O Val
Contexto: Catequese
Foto pertencente a: Sindo de Eliseo
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.