Grupo de nenos na escola nas Carballedas

Preme a imaxe para ampliar

1. Cipriana 2. Terucha de Testa 3. Benucha do Chiquito 4. Andrés de Marcelina 5. Fina da Casa Vella 6. (?) 7. Andrea de Xan López 8. A profesora Lola (Doña Dolores Crego Culebras), que era de Catabois. 9. Fina de Gato 10. José Luís de Serantes 11. (?) 12. (?) 13. Pepe da Amada 14. José de Penelas 15. Fina da Vinculeira (ou de Xan López) 16. Fina de García 17. Fina Pita 18. Isolina, irmá de Fina Pita 19. José Manuel do Porrillo 20. José Antonio do Cuco 21. Lolo de Prieto 22. Manolita de Viveiro 23. Mari de Prieto 24. Manolita de Camiño 25. Mari Carmen de Losada 26. Fina de Leal? 27. José Manuel de Edelmiro (Dalmiro do Monte) 28. Pepe de Leira 29. Juancito de Alonso 30. Lolo de Suárez 31. Tonio de Losada.

Grupo de nenas e nenos

Grupo de nenas e nenos

Ano: 1958

Localización: Escola nas Carballedas

Contexto: Lugar→ As Carballedas, Escola

Foto pertencente a: Marga Leiracha, O Fogueteiro, Rosana...

Notas

Dolores Crego Culebras (“Lola”), a mestra era de Catabois e viña en bicicleta ata A Concha, e o resto do percorrido facíao andando.
Foi unha estudante brillante —acumulou varias matrículas ao longo dos seus estudos— e en setembro de 1934 obtivo praza de mestra, situándose entre as primeiras da súa oposición. (El Correo Gallego, 30/09/1934).

Na escola do Val deixou unha fonda pegada: “Á media mañá preparáballes a merenda ao alumnado, quentando leite e pan con manteiga”, lembra Marga Leirachá, a partir das palabras da súa nai Fina (17), quen dicía con cariño: “Lola era moi boa con nós.”

Grupo de nenas e nenos

outra copia da foto

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 2 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario