José Castro na Arxentina

José Castro na Argentina

Preme a imaxe para ampliar

José Castro, irmán de María na Arxentina, nun retrato realizado nun estudo “S. del Valle, fotógrafo”, probablemente a fináis dos anos 20. O selo en relevo co nome do profesional indica que se trataba dun estudo fotográfico con certa sona, aínda que hoxe non se conserva moita información sobre el.

José Castro posa cun traxe de verán claro, sombreiro canotier na man e un pañuelo no peto, un estilo elegante e moderno para a época. Estes retratos eran habituais entre os emigrantes galegos, que buscaban transmitir unha boa imaxe ás familias que quedaban en Galicia.

Data aproximada: Finais dos anos 20

Localización: Arxentina

Contexto: Emigración

Notas

Polo traxe branco de verán, o sombreiro canotier e o decorado de interior, eu situaría a foto arredor de 1915-1925, un estilo moi típico dos mozos emigrantes que querían enviar un retrato elegante ás súas familias en Galicia.

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario