José da Rica coa súa irmá Balbina (1907 aprox.)

José da Rica coa súa irmá Balbina (1907 aprox.)

Preme a imaxe para ampliar

Un retrato de estudo dos irmáns Gómez Paz arredor do ano 1907. José da Rica, acompañado da súa irmá Balbina. Balbina foi leiteira, oficio moi común naquela época. A imaxe, feita en Ferrol, é un exemplo das primeiras fotografías de estudo que as familias gardaban con especial agarimo.

Ano aproximado: 1907 (± 2 anos)

Localización: Estudio de A. Conde no cantón en Ferrol

Contexto: Foto de Estudo

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario