José Ramón (Monso), o fillo de Fina de Carballoso e Sidro, coa cadela Cusa en 1963. A foto foi feita en Redondo, na casa onde hoxe vive Manolo. Era a antiga vivenda dos pais de Fina, Teresa da Castiñeira e Manuel de Carballoso.
Ano: 1963
Contexto: Lugar→ O Casal
Foto pertencente a: Fina de Carballoso
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Grazas, vela acesa.
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.