Julia de Carballoso, de branco, posiblemente xunto coas súas irmás Amalia (de negro) e Lola, a máis pequena. Non está confirmado que sexan elas dúas.
Eran fillas de Tomás de Carballoso e Amalia dos Pinos, que tiveron sete fillos: Manuel, Amalia, Julia, Antón, José, falecido na Guerra Civil, no Baleares, Lola e Ramón. A fotografía pode datar aproximadamente de entre 1930 e 1933.
Ano aproximado: 1933 (± 5 anos)
Contexto: Retrato
Notas
Julia naceu en abril de 1913
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.