Julia da Cochera na DKW F89L “Schnellaster” propiedade dos frailes de Baltar.
Ao fondo vese a casa da Cochera.
Ano aproximado: 1955 (± 3 anos)
Localización: A Cochera - Baltar
Contexto: Lugar→ Baltar, Vida cotiá
Foto pertencente a: Montse (filla de julia)
Notas
DKW F89L “Schnellaster”
A DKW F89 L, coñecida como Schnellaster (“transportador rápido”), foi unha furgoneta producida entre 1949 e 1962. Foi o primeiro modelo da nova Auto Union GmbH tras a posguerra e tamén o primeiro automóbil fabricado en Ingolstadt.
En España fabricouse en Vitoria por IMOSA (Industrias del Motor, S.A.) entre 1954 e 1960, con 18.479 unidades.
Ao principio montábanse kits chegados de Alemaña; desde o segundo ano pasou a fabricación case íntegra no país.
En España, “DKW” (decauve) acabou sendo un termo popular para referirse a calquera furgoneta.
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.