Marcos Dopico achéganos esta foto en cor de un grupo de nenos e nenas en Belote, nas clases particulares de verán que poñía Miguel de Belote cando volvía das vacacións mentres estudaba fóra.
Arriba: polo verde, o profesor Miguel de Belote;
No medio: Marino, Miguel de Testa, Manolo dos Pinos, a nena loira é Ana da Rociña e ao seu carón está Nieves do Casal.
Abaixo, coa bolsa de bandoleira, Marcos Dopico; e á dereita de todo, coa chaqueta vermella e bolsa, está o seu irmán Jesús.
Ano: 1979
Localización: Belote
Contexto: Escola→ Clases particulares
Foto pertencente a: Marcos Dopico
Notas
Sacada no mes de Xullo
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.