Maruja de Hilaria na perruquería

Maruja de Hilaria na peluquería

Preme a imaxe para ampliar

Maruja de Hilaria na casa dos de Inesa, na perruquería de Maricarmen de Inesa situada na casa hoxe de Maribel de Serafín (ao lado de “Lambetadas”). A foto, tomada arredor de 1959, amosa un anaco da vida cotiá do Val daquela época, cando as casas combinaban oficios, tamén era costura.

Ano aproximado: 1959 (± 2 anos)

Localización: Perruquería dos de Inesa

Contexto: Vida cotiá

Notas

Maricarmen era perruqueira de mulleres; a súa irmá Fina e mais a nai, Carmen, cosían e tamén ensinaban a coser.
Todo estaba na mesma casa.
Tamén había perruquería de homes, e o perruqueiro era Miró de Inesa, irmán de Maricarmen e Fina.

Na mesma casa estaban a perruquería de homes e o obradoiro de costura, todo xunto nunha mesma instancia, e había unha porta que daba acceso á perruquería de mulleres.

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario