Nos Vilares, Maruja, cun vestido claro, os pendentes postos e o reloxo na muñeca. Ao fondo vese a avoa, Dolores, coa roupa escura e o pano na cabeza, como era costume daquela.
A foto mostra como O Val estaba a cambiar: por un lado, o mundo rural, o de toda a vida; polo outro, as sinais da modernidade.
Ano aproximado: 1958 (± 2 anos)
Localización: Nos Vilares
Contexto: Lugar→ Os Vilares, Retrato
Notas
Sorpréndeme ver na foto xa eucaliptos de tal tamaño en O Val, tendo en conta que nos anos 50 apenas representaban menos do 1 % da superficie forestal de Galicia. Plantados por Andrés do Minero.
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.