Na casa de Manola de Hilaria

Na casa de Manola de Hilaria

Preme a imaxe para ampliar

En un aniversario de Maruja de Hilaria. Había bola de ovo feita por Manola de Hilaria, a súa nai. Tampouco faltaban copas de guinda e moitas risas das amigas do Val:

De esquerda a dereita:
Obdulia (con as mans entrelazadas), a de camisa de cadros de atrás é Julita de Couce e a do seu lado Pilar de Hermida (tapadas).  A que está comendo no fondo é Maruja de Hilaria, Manolita de Rufino, Finita, Fina de Celia, Fina de Serantes (tapada) e Miluca de Serantes.
No centro: Comendo está Manola do Roxo é ao seu lado coa bandexa baleira na cabeza, Maruja de Hilaria.

En esta outra foto do mesmo día:

De esquerda a dereita arriba:
Finita, Manolita de Rufino, Miluca de Serantes, Julita de Couce e Narciso? “un hermano” do Convento de Baltar que atendía a horta e os animais.

Abaixo:
Fina de Celia, Pilar de Hermida, Manola do Roxo, Manola de Hilaria e Fina de Serantes.

Na casa de Hilaria

Ano aproximado: 1963 (± 1 anos)

Localización: A Modia

Contexto: Lugar→ A Modia, De aniversario

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario