No Val había outra escola na casa dos de Pita, os pais de Mari Carmen.
Recoñeces a algún de esta foto?
De esquerda a dereita:
- Fila de arriba (de pé): Manolo de Pancho, Manolo de Figueiras con xersei de cuadros, ao seu lado Miguel de Belote, ???, Manolita de Corral (a mais alta), a mais pequena Victoria do Casal, Isabel de Pancho e a última de pé Marina dos Vilares.
- Fila do medio: Emilio de Figueiras de rodillas, María José de Corral (de trenzas), Ana de Figueiras (con diadema), no centro Mari Carmen con Maribel de Belote no colo.
- Fila de abaixo (sentados): Tito de Hermida, ???, con xersei de raias Vilariño (Manolo Fortuna), e Jorge de campeiras.
A mestra: Mari Carmen de Pita, é a muller sentada no centro, con sombreiro e mandil.
Nesta foto escolar vemos unha das moitas xeracións de nenos e nenas que pasaron polas súas mans. Eu pasei tamén por ese colexio de neno.
Mari Carmen foi moito máis ca unha mestra. A súa dedicación á ensinanza e o seu compromiso coa comunidade deixaron unha pegada fonda no Val e especialmente na zona de Baltar. Desde a súa escola, instalada no corazón da súa propia casa, educou na infancia a moitas xeracións.
Pero a súa entrega non queda nas aulas e nas clases particulares. Mari Carmen foi tamén unha figura clave no Convento de Baltar, formando activamente o coro e entregada á capela do Corazón de María. Un exemplo de muller vocacional, e muller entregada, que co seu labor discreto e constante axudou a construír a nosa comunidade.
Tes algunha outra lembranza ou anécdota de Mari Carmen de Pita que che gustaría compartir?
Ano aproximado: 1963 (± 2 anos)
Localización: Casa dos de Pita
Contexto: Escola→ Clases particulares
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.