Un grupo de mozos do Val de festa na mítica sala de Mera.
De pé: Sindo, Miguel de Marinito, Marcial, Piñón e Jaime de Ciobre.
Sentados: O Chinto, Tomás do Chiquito, Manolo de Mercedes do Casal “Starsky” e Testa (con camisa de cadros).
“Daquela non había que soprar, levabamos os bares a feito, do Val a Mera, parando en Casa Paco, logo Meirás, Valdoviño, Pantín, Vilarrube, Cedeirá, San Román… ata Mera”.
Ano aproximado: 1978 (± 2 anos)
Localización: Sala de Fiestas La Ría(Mera)
Contexto: De festa
Foto pertencente a: Sindo de Eliseo
Notas
Discoteca La Ría (Mera, Ortigueira)
Aberta en decembro de 1973 por José Manuel “Manolo” Pérez Díaz e Peteiro, converteuse nunha das mellores salas de festa de Galicia, cun público de ata 2 800 persoas e concertos de estrelas como Rocío Dúrcal, Massiel ou Miguel Ríos.
A sala de festas La Ría e a discoteca Tauro, construída xusto ao lado nos anos 80. Hoxe forman o Complexo Hostaleiro La Ría. Foto: La Voz de Galicia
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.