“Ofrecida” en Baltar

Preme a imaxe para ampliar

Procesión das festas de Baltar, década dos 60.
A muller, de xeonllos diante da Virxe, vai “ofrecida”, promesa feita por devoción ou agradecemento. Un xesto de fe profunda que marcou xeracións e que forma parte da identidade espiritual de toda Galicia.
Xeralmente, unha persoa “ofrecíase” en agradecemento ou en petición, por ou para unha curación propia ou dun ser querido.

Contexto: Festas→ Corazón de Maria de Baltar

Foto pertencente a: Restaurante Marinito

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario